Thursday 16 de May de 2024

Un novo parque infantil no barrio de Deán


Dende a tarde de onte os nenos e nenas xa poden disfrutar dun novo parque infantil no barrio riveirense de Deán Grande, xunto á pista deportiva.

En virtude da actuación, esta área conta cun gran elemento multixogos, columpio, muelle, etc… todo sobre un pavimento de caucho continuo.

Corrubedo
Tamén se está a renovar o parque infantil situado enriba da Casa do Mar en Corrubedo, que contará con xogos de similares características aos de Deán Grande.

Entre ambos, o investimento supera os 43.000 euros.

Cómpre lembrar que tamén se está a instalar un parque biosaudable en Artes, na beira do río Arlés.